Historia de C.D.Ourense (1952-2003) 1952 10 de Setembro. Despois da desaparición da UD Orensana por problemas económicos, cando estaba a militar na Segunda División por terceira temporada consecutiva, un grupo de ourensáns decidiron fundar un novo equipo que levaría o nome de C.D.Orense. Entre este grupo de fundadores podemos sinalar como os principais a Antonio Reverter, Jesús e José Luis Díaz Varela, Norberto Bayón, Fidel Quintas e Luis Mugüerza. Na temporada 1952-53 o Ourense milita en categoría rexional, conseguindo o ascenso a Terceira. 1953-1959 Durante estas temporadas militou na Terceira División quedando sempre eliminado nas fases de ascenso a Segunda. En 1959 remata no segundo lugar e xoga a eliminatoria de ascenso co Guecho, gañando 0-1 na ida e 4-0 na volta. Lograbase o primeiro ascenso a Segunda da man de Urquizu. 1959-60 Primeira e brillante temporada en Segunda División. Na liga rematase no 3º posto e na Copa chegase a un dos fitos históricos do clube ao forzar un partido de desempate co Athletic de Bilbao no Metropolitano de Madrid. Pérdese ese partido ao errar un penalty Pastor. Era eliminatoria de octavos de final. 1960-65 Completase un sexenio de temporadas na Segunda División logrando as mellores clasificacións (dous terceiros postos e un cuarto posto) da historia, rozando o ascenso a Primeira. 1965-69 Durante estes catro anos loitase polo retorno á Segunda, caendo nas promocións ante Marbella, Jerez e Ilicitano. O ascenso chega na 1968-69, sendo adestrador Bouso, e diante do Bilbao Ath. Sen dúbida neste período situase un dos momentos máis históricos do clube que o levou a recibir a Placa ao Mérito Deportivo. Na temporada 1967-68 o CD Ourense consigue gañar os 30 partidos de liga batendo un record non igualado. Bouso é o adestrador, Carballeda o máximo goleador e Roca o porteiro. 1969-70 Efímero paso pola Segunda División. O equipo remata como último na clasificación e Bouso é sustituido por Campos na metade da temporada. 1970-73 Tres temporadas en Terceira loitando por subir a Segunda. En 1971 perdese a promoción co Langreo e o ascenso chega despois de ser campeóns na 1972-73 baixo as ordes de Manolín. Nesta época tamén se produce unha das xestas da entidade na Copa. En 1973 gañase 1-3 en San Sebastián á Real Sociedad e repítese en casa 3-2, despois de ir perdendo 0-2 ao descanso. Na seguinte eliminatoria, en oitavos, perdese diante do Granada. 1973-75 Comenza a temporada cun partido amistoso co Barcelona no que xoga Cruyff o seu primeiro partido fora de Catalunya. O Ourense perde 1-3 con gol de Quirós para os vermellos e Cruyff (2) e Cos para os cataláns. Na liga o equipo remata no posto 12º. Na seguinte temporada o Ourense non pasa do 18º posto despois de ter tres adestradores (Manolín, Bérmudez e Américo Arias). O descenso é irremediable. Nesa mesma temporada chegase a oitavos de final da Copa, xogando ante o Real Madrid que non pasa do empate (0-0) no Couto. En Chamartín gañan os madrileños (3-1) 1975-80 Duas temporadas en Terceira e tres temporadas na Segunda B que comeza a existir en 1977. Na temporada 1977-78 o Ourense consigue un terceiro posto pero na 1979-80 queda en penúltimo lugar e baixa a Terceira División no que supón un dos peores momentos deportivos da sua historia. 1980-85 Durante cinco temporadas milita na Terceira División que en realidade é a cuarta categoría. En tres ocasións clasificase para a promoción de ascenso a Segunda B. En 1982 é o Binefar o que elimina o Ourense, en 1984 é o Levante nun decisivo partido no Couto (1-1). En 1985, despois de eliminar ao Mallorca At. na primeira eliminatoria, toca o Baskonia. Empate (1-1) en Basauri e victoria nun abarrotado estadio do Couto, con gol de Toñito no minuto 85. Era o primeiro ascenso en 12 anos. 1985-94 Nestes 9 anos o Ourense aséntase na Segunda División B, unha categoría que económicamente non é moi rentable. Na 1985-86 o Ourense con Mario Guede fai unha temporada espléndida xa que descenden 13 dos 20 equipos e remata no 6º lugar. Na seguinte temporada a Segunda B consta tan só dun grupo de 22 equipos. Almería, Albacete, Tenerife, Burgos, At.Madrileño, Eibar son algúns dos equipos. Rematase no posto 13º. Na seguinte temporada Mario Guede deixa o equipo e chega Nando Yosu que coloca o equipo no 3º posto, moi cerca dun ascenso que logra o Eibar. No ano seguinte 1988-89 é Manolo Tomé o adestrador e faise un fútbol de moita calidade. Repítese o terceiro posto, por detrás de Bilbao Ath. e Barakaldo. Na temporada 1989-90, Manolo Tomé comeza a temporada pero os malos resultados levan a unha rápida destitución. O sustituto é Carriega. O equipo está a punto de baixar a Terceira, algo que salva na última xornada ao vencer ao Alcalá no Couto. No verán de 1990 o presidente Ramiro Lamas ficha a moitos xogadores tirando de talonario. O adestrador é Delfín Álvarez e pretendese facer un equipo de "campanillas". Todo é un auténtico fracaso. O único que rinde é Pichi Lucas. Nas temporadas 1991-92 e 1992-93 o adestrador é Pepe Carrete, o xogo é bastante pobre e o equipo quedase nas duas temporadas ao borde da promoción, isto é no 5º posto. Tomás Díaz dirixe o equipo nas últimas duas xornadas da 1992-93. Despois de despilfarrar moitisimo diñeiro, no verán do 1993 buscase austeridade e non hai practicamente fichaxes. Os encargados de dirixir o equipo son Teixidó e Fuertes. O equipo fai un fútbol de moitisima calidade. Clasificase para a promoción e alí ten que enfrentar a Sestao, Gramanet e Jaén. Nun histórico partido en Jaen, un empate (0-0) permite o ascenso a Segunda, 19 anos despois. 1994-95 A temporada 1994-95 sae totalmente nefasta. A plantilla non ten a calidade suficiente e o equipo nótase moi novato nesta categoría. Teixidó e destituido, chega Naya e con el un período esperpéntico. Ramiro Lamas dimite e Felipe Rodríguez Vide colle o equipo nunha delicada situación. Naya tamén é destituido e Mario Guede é quen remata a temporada co equipo descendido moito antes de chegar ao final. 1995-96 No verán de 1995 o clube pasa polo momento mais crítico da súa historia coa desaparición dada casi por segura. Os xogadores perdoan parte do que se lles debe e o clube comeza a liga en Segunda División B cunha xestora dirixida polo doutor Cabaleiro que nomea a Teixidó e Vilachá como adestradores. En Outubro de 1995 Manolo Rois decide asumir a presidencia. A temporada comeza a ir ben, sendo moi parecida á de 2 anos antes. Tamén nesta temporada o equipo remata no posto 3º e na promoción tense como rivais a Granada, Valencia B e Sporting B. O equipo responde ben e certifica o ascenso cunha victoria en Granada (0-1). 1996-97 A temporada 1996-97 comeza coa esperanza de non repetir erros anteriores. O adestrador na presentación é Teixidó por cuarto ano consecutivo. O equipo fai unha moi boa primeira volta e comezo de segunda, pero un inexplicable baixón nas últimas 10 xornadas fan que todo teña que xogarse a unha carta nun partido a vida ou morte en Almería. O Ourense ten que puntuar para salvarse. No penúltimo partido, nun Ourense-Toledo acontece de todo. O partido é aprazado durante 90 minutos por inundación do terreo de xogo debido a unha forte tormenta. O resultado final é de (0-1) e ao remate Teixidó é destituido para dar paso a Luis Rodríguez Vaz. Durante 15 días se prepara o definitivo partido de Almería que se resolve cun (2-3), goles de Arturo, Emerson e Cakic. 1997-98 No verán de 1997 ten lugar a conversión do clube en S.A.D. Despois duns angustiosos días nos que non parece claro o futuro do club, o grupo Bahía compra a maioría das accións, e Xosé Luis Baltar un importante pacote. Alberto Atanes e nomeado presidente e Fran Canal, director xeral. Como Rodríguez Vaz tiña contrato firmado con anterioridade, mantense no cargo. Fanse unha serie de fichaxes importantes como Mornar ou Quique Estebaranz. O equipo comeza moi forte a temporada e así o 15 de Outubro e coa visita do Hércules, o Ourense consigue situarse no primeiro lugar por primeira vez na súa historia. Isto repitese despois de gañar (0-1) en Toledo. O equipo baixa bastante na segunda volta e as ilusións por estar nos postos altos perdese, e incluso pasanse algúns sufrimentos para rematar no posto 16º. 1998-99 José Luis Sousa é nomeado presidente nunha temporada que resulta ser calamitosa. O grupo Bahía coloca a Emilio Cruz como adestrador pero non conecta coa afición e é sustituido por Rodríguez Vaz. A temporada é desastrosa, un novo descenso cunha mala imaxe do club. Hernández Fuertes, un español con experiencia en Centroamérica é o adestrador que pecha a temporada. 1999-2000 Manolo Rois é de novo o presidente e consigue en primeiro lugar rescindir contratos de xogadores moi caros para a Segunda B. Alberto Argibay é o elexido como adestrador. O equipo se clasifica para o play-off de ascenso. Disputados 2 partidos con 2 derrotas, tras a debacle (5-0) en Gramanet, Argibay e relevado por Gómez Fuertes que casi consigue o ascenso pero na última xornada o Jaen vence no Couto (0-1) nun partido no que non se poden fallar mais ocasións. Outro punto relevante da temporada é a participación na Copa. Se elimina a Getafe (2ª) e Mallorca (1ª). O Barcelona visita un estadio do Couto cheo a reventar e vence pola mínima (1-2). No Nou Camp o Ourense arranca un histórico empate (0-0). 2000-2001 Gómez Fuertes consigue meter o equipo de novo na promoción de ascenso facendo unha gran campaña. No primeiro partido da liguilla o equipo perde en casa co Ceuta (0-3) e no segundo perde en Sabadell. Como acontecera na temporada anterior hai cambio de adestrador a falta de 4 partidos. Chega o ex-racinguista Arteche pero non se consigue o ascenso, perdendo en Burgos (1-0). 2001-2002 Inicia a temporada Antonio Teixidó pero despois de tres meses e o co equipo encamiñado a postos de descenso e sustituido por Rodríguez Vaz que mantén o equipo nos postos intermedios da clasificación pero non conseguindo nen praza na Copa do Rei. Por segunda temporada consecutiva o máximo goleador do equipo foi Kiko. 2002-2003 Outra temporada na que o equipo pasou mais tempo mirando cara ao descenso que cara a promoción de ascenso. O adestrador foi Antonio Gómez, que nas últimas xornadas foi sustituido polo segundo adestrador Antonio Dacosta. Foi unha das peores temporadas como local con só 5 victorias no Couto e 33 puntos que fuxiron da cidade. O equipo rematou nun discreto noveno posto e por segunda temporada consecutiva sen opcións a disputar a Copa do Rei. O máximo goleador do equipo foi Nacho con 11 tantos. |